Ramón Marcote
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1880 Sardiñeiro de Abaixo, España |
Morte | 6 de xullo de 1955 (75 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Ramón Marcote Miñarzo, nado en Sardiñeiro de Abaixo (Fisterra) o 31 de marzo de 1880[1] e finado na Habana o 6 de xullo de 1955, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Cuba en 1898. Durante os primeiros sete anos na emigración traballou nunha tenda de víveres e compaxinou o traballo coa asistencia ás clases do Plantel Concepción Arenal do Centro Galego. En 1905 converteuse en bibliotecario do Centro Galego da Habana, desempeñou o posto durante máis de 50 anos. Foi membro fundador da sociedade Hijos del Partido de Corcubión da Habana.
Vinculado ás Irmandades da Fala, en 1920 publicou unha serie de artigos na revista Galicia, agrupados despois no libro Colón pontevedrés. Tamén publicou en 1925 unha Historia de Galicia (Compendio). A súa obra Contra España, no (mito no, y si realidad) foi premiada na Exposición Iberoamericana celebrada en Sevilla en 1929.[2] Foi presidente do Comité Pro Colón Español da Habana[3], correspondente en Cuba de El Ideal Gallego, e colaborou en Cultura Gallega e Vida Gallega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rei Lema, Xosé Mª (31 de outubro de 2015). "Ramón Marcote Miñarzo, o bibliotecario fisterrán do Centro Galego da Habana". No herbal azur do ceo.
- ↑ Lamela García, Luis (9 de novembro de 2019). "Ramón Marcote Miñarzo, el autor víctima del olvido cutre". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Esteban Meruéndano, Eduardo. "1929, España y América conciertan el origen hispano de Colón". CIEIA 18. I Congreso Internacional sobre la Exposición Iberoamericana de 1929. Sevilla 9-11 de mayo de 2018 (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lamela, Luis (8 de xaneiro de 2014). "Ramón Marcote Miñarzo, uno de los muchos fisterráns olvidados". La Voz de Galicia (en castelán).